IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  7 de Xuño do 2018 - 31 visualizacións  
  PARTICIPANDO NO PROXECTO DE MINIEMPRESAS EN XOVE (LUGO)  
 
Alumnos de 4º ESO participaron na mostra de Miciempresas que se ven de celebrar en Xove coa súa Spin4 de deseño e ventas de material xuvenil, creada na asignatura Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial. Aprenderon, concretaron ventas, fixeron amigos e pasárono ben. Rematou a xornada cun acto no que participaron a Subdirectora Xeral de FP, dona Mª Eugenia Pérez; o Director Xeral de Educación, don Manuel Corredoira; don Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove; a delegada territorial de Educación, dona Mariña Gueimunde; o responsable de El Progreso na Mariña lucense, don Xavier Lombardero; o director da planta de Aluminio de Alcoa en San Cibrao, don Jesús Maroño; e a directora do IES Illa de Sarón, Oliva Cabaleiro, ademais de alumnos, profesores e directores dos centros educativos que se acercaron a ver os traballos que os chavales explicaban con moita ilusión. O proxecto Eduemprende para a creación de miniempresas quere fomentar a cultura emprendedora entre os escolares lucenses e conta co impulso e financiación da Consellería de Educación e as empresas Alcoa e o grupo El Progreso.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela