IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  22 de Maio do 2018 - 10 visualizacións  
  COÑECENDO O SALTO DE BELESAR E O MUSEO DE ARXERIZ  
 
Ó abeiro da participación do Centro no plan proxecta de Educación Patrimonial, o alumnado de 3º da ESO participou nunha visita guiada a diversas zonas de interese da Ribeira Sacra.
Contamos coa investigadora e especialista en educación patrimonial Már Bóveda López, que foi explicando tanto os cambios no paisaxe como o distinto patrimonio do que contamos na zona sur de Lugo.
O alumnado puido visitar a contorna do salto de Belesar, analizando os cambios na paisaxe e os distintos de bens mobles, inmobles e inmateriais da contorna. A continuación visitamos o museo de Arxeriz onde os rapaces puideron apreciar os distintos tipos de barcas que se utilizaban nos rios Miño e Sil, así como diferentes elementos relacionados cos traballos típicos da nosa contorna, como antigas ferramentas para a recollida e procesamento do viño e outras para traballar a terra. Por último visitouse o castro de Arxeriz, situado no mesmo museo, realizando polo tanto unha completa visita á evolución dos costumes dos nosos antergos da Ribeira Sacra.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela