IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  23 de Maio do 2018 - 9 visualizacións  
  VISITA AO MUSEO NAVAL DE FERROL E PASEO POLA RÍA  
 
Os alumnos de 2º ESO do IES A Pinguela responderon entusiasmados á invitación do Ministerio de Defensa de realizar unha visita ó Arsenal Militar de Ferrol, o Museo Naval, a Fragata Méndez Núñez e realizar o seu bautismo de mar a bordo dun barco Y-122 da Marina Española, efectuando a súa primeira singladura en augas da ría ferrolana. Non cómpre decir que disfrutaron o día, ó que axudou o bon tempo e un mar en calma, que completaron no centro comercial de Narón e nunha visita apresurada, xusto cando comenzaba a chover ó lago das Pontes, lago artificial creado por Endesa coas augas do río Eume en 2012 nas Pontes de García Rodríguez, a raíz dos traballos de rexeneración da mina a ceo aberto que ocupaba o lugar, da que se extraía lignito para abastecer á central térmica. Ten 5 kms. de longo e unha profundidade máxima de 206 metros.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela