IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  16 de Maio do 2018 - 26 visualizacións  
  REPRESENTACIÓN DA OBRA DE TEATRO "PROS E CONTRAS"  
 
Carla, Clara, Jenifer, Raquel, Pedro, Belén e Sara formaron este curso o grupo de teatro A Piinguela que ven de representar a obra de Tahiche Rodríguez "Pros e Contras", adaptada e dirixida por Paqui Abeledo para a súa estrea no certame de teatro municipal de Monforte

SINOPSE. Nos tempos de crise, desconcerto e descontento, e cando a esperanza é igual a cero, o máis doado ás veces pode ser abandonalo todo... ou valorar os pros e os contras dende outros puntos de vista...

-Sen noivo, sen traballo, sen casa, esperanza igual a cero! É dicir, non hai razóns para seguir con vida
-Mire querida Clarinda, eu creo que a conversación sobre a propiedade intelectual da miña alma pode quedar para outro día.

Que pasaría si xusto o día que queres quitarte a vida, unha serie de estranos irrumpen na túa casa?
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela