alumnado de 2º da ESO visitou as adegas centenarias de Vilachá de Salvadur (Pobra do Brollón). Foron recibidos polo arqueólogo Xosé Gago, quen explicou a orixe medieval da viticultura desta zona da Ribeira Sacra e abriu o Museo local para contemplarmos instrumentos tradicionais do carrexo do viño. Logo, acompañados por Puri, viticultora propietaria da adega "Val do Frade", os alumnos realizaron unha andaina ata as viñas e, ademais de contemplar unha paisaxe extraordinaria, puideron facer eles mesmos algo de vendima. Historia local, etnografía, natureza, convivencia e beleza, isto é, Educación. |