IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  16 de Xaneiro do 2019 - 27 visualizacións  
  "CIENCIA PARA NOVOS INVESTIGADORES" EN LUGO NA FACULTADE DE DE CIENCIAS  
 
A Facultade de Ciencias de Lugo invitou por terceiro ano consecutivo ós nosos alumnos de 4º ESO a participar no ciclo ‘Ciencia para xoves investigadores’, un programa de estímulo de vocacións científicas entre o estudantado de ensino medio.
Logo dun breve acto de benvida, guiado polo decano da Facultade de Ciencias, Francisco Fraga López e os coordinadores do grao en Enxeñería de Procesos Químicos Industriais e do grao en Nutrición Humana e Dietética, o persoal do centro universitario lugués conduciu diferentes sesións prácticas nos laboratorios da Facultade, onde os estudantes puideron realizar os seus propios experimentos, aprender e disfrutar coa aplicación da ciencia.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela