IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  13 de Febreiro do 2019 - 42 visualizacións  
  INTERCAMBIO CON IIS BIAGIO PASCAL DE NOVARA (ITALIA)  
 
Acaba de rematar a viaxe de intercambio que 13 alumnos do IES A Pinguela de 4º ESO e 1º BAC veñen de realizar co IIS Biagio Pascal de Novara (Italia). Ademais de coñecer a cidade de acollida, Novara, desprazáronse ata Turín onde visitaron o Museo Nazionale del Cinema; ó lago Maggiore é ás súas illas Bella e dei Pescatore ademais das súas vilas costeiras Arona e Stresa; a Milán onde aproveitaron para subir ós tellados do seu impoñente Duomo e pasear a cidade; en Verona visitaron a Arena, coliseo romano e xoia desa urbe, e a Casa de Gulietta na que se supón situou William Shakespeare a novela Romeo e Julieta; e a cidade alta de Bérgamo e os seus impresionantes monumentos e rúas medievais. Foi unha semana plena de emocións, afectos e experiencias que seguro non van a esquecer. O próximo mes de marzo recibirán ós seus correspondentes italianos e mostraranlle Monforte de Lemos, a Ribeira Sacra e cidades de Galicia. É o sétimo curso consecutivo que os alumnos do noso instituto realizan este intercambio co IIS Biagio Pascal.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela