IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  7 de Maio do 2019 - 9 visualizacións  
  COÑECENDO MELGAÇO (PORTUGAL)  
 
Os 30 alumnos de 3º ESO do IES A Pinguela participaron nas actividades do Proxecto Terra que o COAG nos organizou en Melgaço, no veciño Portugal. Foron dúas xornadas intensas durante as que coñecemos a Porta de Lamas de Mouro, o Parque Natural de Peneda-Gerês e o Museu Castro Laboreiro coa súa casa castrexa anexa onde se divulga as vivencias locais no que respeita ás Brandas e ás Inverneiras. Na vila de Melgaço coñeceron os museos do Cinema Jean Loup Passek, o Espaço Memoria e Fronteira onde se evocan os anos clandestinos e perigosos do contrabando na raia e a emigración, e posteriormente a Torre de Menagem. A actividade contou coa colaboración da Cámara Municipal de Melgaço. Agradecemos á COAG e ó Proxecto Terra a implicación con este interesante intercambio territorial e tamén ás fantásticas guías que fixeron que a visita sempre fose agradable para o noso alumnado.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela