IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  16 de Maio do 2019 - 55 visualizacións  
  GRADUACIÓN DE BACHARELATO  
 
Ven de celebrarse o acto de graduación do noso alumnado de 2º Bacharelato na municipal Casa da Cultura Lois Pereiro. Os alumnos de Ciencias e Humanidades viviron un día de festa e irmandade, e tamén de nostalxia polo remate duns anos fermosos plenos de compañeirismo e amizade. Actuou de madriña da promoción 2017/19 a poeta e profesora do IES A Pinguela Olga Novo, que os animou a continuar formándose e esforzándose para conquistar o mundo que queren. Interviñeron tamén Iago Fraga e Alejandro Fdez. Gran en representación do alumnado, a súa titora Cruz Maseda e, despois dun vídeo que rememorou o seu paso polo IES A Pinguela, en moitos casos desde 1º ESO, rematou o acto o director do instituto. Felicitámolos a todos. Seguiremos os seus futuros éxitos, que viviremos como unha nova festa colectiva.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela