IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  31 de Maio do 2019 - 9 visualizacións  
  TEATRO: "LINGUA DE LATA"  
 
O grupo de teatro do IES A Pinguela ven de representar "Língua de lata", obra de Francisco Oti e Julio Fernández, para os seus compañeiros de ESO
O protagonista é o avión de Antoine de Saint-Exupéry, que na actualidade esmorece perdido nun gran vertedoiro de lixo e chatarras dalgún lugar do mundo onde da con él un personaxe que sen sábelo está destinado a ser un novo principiño. Latexa na representación a amizade como valor a aprender e a imaxinación como ben imprescindible para comprender e entender, ademáis de poñer en cuestión as relacións dos seres humáns co noso propio entorno. Dirixe e coordina Paqui Abeledo
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela