IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  31 de Maio do 2019 - 28 visualizacións  
  RUTA GUIADA: "A INVASIÓN NAPOLEÓNICA EN MONFORTE"  
 
RUTA GUIADA SOBRE A INVASIÓN NAPOLEÓNICA EN MONFORTE
O alumnado de 4º ESO ven de realizar unha interesante ruta por Monforte, guiada polo historiador Felipe Aira e organizada pola Delegación Municipal de Cultura, sobre a invasión napoleónica á nosa cidade en 1809. Monforte é problablemente a poboación de España que sufriu con maior intensidade a invasión francesa. As tropas entraron 3 veces en 6 meses e atoparon unha poboación indefensa, o que ocasionou morte de máis de 400 civís desarmados, mulleres, homes e nenos de todos os barrios, e destrucción gratuita de construccións e bens, polo que houbo quen nos chamou "poboación mártir de España". Remataron a visita na casa consistorial, donde Felipe os informou na galería de alcaldes da biografía dos antigos rexidores municipais ata a actualidade.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela