IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  19 de Setembro do 2019 - 24 visualizacións  
  ACTO DE INICIO DO CURSO ACADÉMICO COA CONFERENCIA: "LINGUAS, MATEMÁTICAS E OUTROS ASUNTOS"  
 
Victoria Otero Espinar, vicerreitora da USC participou no acto de inicio do curso académico 2019/2020 do IES A Pinguela coa conferencia "Linguas, matemáticas e outros asuntos", na que tratou da utilidade das matemáticas non só para as materias científicas. Presentou traballos para a mellor comprensión da evolución das linguas en conflito en función da masa de falantes, da súa similitude e do seu prestixio social, o que permite facer estimacións de como evolucionarán no futuro. Puxo exemplos como as linguas galega, vasca, catalá, gaélica e quechua e como os modelos predín nus casos a consolidación do bilingüismo e noutros a desaparición das linguas minoritarias, polo que pode suceder, de non haber cambios de tendencia, que se perdan nun século a metade dos 6.000 idiomas existentes hoxe no mundo. Puxo tamén o exemplo de como coa teoría de grafos se pode entender mellor o uso das redes sociais.
Victoria Otero, actual vicerreitora da USC foi decana da facultade de Matemáticas e está considerada un referente no seu campo pola comunidade matemática nacional e internacional para o intercambio científico e profesional.
Foi un acto que quere alentar ó alumnado e á sociedade a valorar o proceso formativo do noso centro e estimular o seu interese por unha mellor calidade da educación que queremos impartir.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela