IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  2 de Outubro do 2019 - 23 visualizacións  
  VIAXE CULTURAL A MADRID  
 
O alumnado de 3º e 4º ESO do IES A Pinguela realizaron a súa viaxe anual a Madrid para desfrutar da oferta cultural da capital de España. Puideron coñecer o Museo del Prado, Palacio Real, Senado e Museo da Axencia EFE, onde elaboraron e emitiron as noticias elaboradas por eles. Aproveitaron para asistir á comedia "En ocasiones veo a Umberto" no Teatro Muñoz Seca e pasear polas zonas céntricas da cidade. Á ida visitaron o Castelo de La Mota de Medina del Campo e de regreso a fermosa cidade de Segovia. Unha actividade que xunta convivencia, desfrute e formación que sen dúbida repetiremos os anos vindeiros.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela