IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  1 de Outubro do 2019 - 5 visualizacións  
  XORNADA DE CONVIVENCIA NAS MÉDULAS  
 
O noso alumnado máis novo, 1º e 2º ESO, disfrutou dunha xornada de convivencia no Bierzo, provincia de León, donde realizaron unha visita guiada polo entorno paisaxístico de Las Médulas, unha antiga explotación mineira romana considerada a mina de ouro a ceo aberto máis grande de todo o Imperio Romano.

Os traballos de enxeñería realizados para a extracción do mineral implicaron a alteración do ambiente pero derivaron nunha paisaxe de area avermellada, agora parcialmente cuberta de vexetación de castiñeiro e carballo. Está considerado como "paisaxe cultural" e ten a denominación de "Parque Cultural".

Este ambiente foi declarado Ben de Interese Cultural en 1996, en vista do seu interese arqueolóxico. En 1997 foi declarada Patrimonio Mundial da Unesco e Monumento Natural no 2002.

Aproveitaron a boa climatoloxía do día para coñecer o fermoso Lago de Carucedo e o seu entorno.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela