José Benito Vázquez Dorrío, profesor de Física Aplicada na Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, ven de impartir una interesante conferencia ó noso alumnado de Bacharelato con Física que titulou "Física Re-Creativa: Interferencia" durante a que aplicou conceptos teóricos da materia para, a partir dos estudos sobre a cor de Maxwell, poder realizar un dos interferómetros máis sinxelos do mundo con materiais baratos de supermercado e que conseguiu o primeiro premio ExAequo na modalidade de Demostración de Física en Ciencia en Acción 2018, e a partir de aí chegar ata o xeito de detección de ondas gravitacionais, o que considerou o descubrimento máis importante da física e da tecnoloxía no último século. O profesor animou ós nosos alumnos a ser creativos en calquera materia que elixan, algo fundamental tamén para facer ciencia.
Unha clase profunda, intensa e amena que conseguiu fixar a atención de alumnado e profesorado. Organizou o noso departamento de Física e Química. |