IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  2 de Decembro do 2019 - 76 visualizacións  
  EU SON INSPECTOR/A URBANÍSTICO. COIDA DO TERRITORIO, COIDA DO TEU  
 
Olalla Flores e Chus Carballo, coa colaboración de Rocío Blanco, inspectoras da APLU (Axencia para a Protección da Legalidade Urbanística), organismo autonómico que desenvolve unha labor directamente relacionada co medio, en especial naquel menos urbanizado e merecedor de protección coa finalidade de recuperar o seu estado natural e orixinario, ofreceu hoxe ó noso alumnado de 2º ESO un proxecto lúdico-educativo relacionado co coñecemento do territorio de Galicia, o proxecto “EU SON INSPECTOR/A URBANÍSTICO. COIDA DO TERRITORIO, COIDA DO TEU”.
O obxectivo principal do proxecto é sensibilizar, concienciar, divulgar e formar ós mozos en relación ó medio e á intervención e ordenación do noso territorio.
Comprender a complexidade do territorio e da paisaxe e aprender dos elementos que o compoñen é fundamental para que as sociedades actual e futura realicen un uso responsable e sustentable do territorio.
A actividade no noso instituto consistiu nunha exposición da materia e do traballo realizado pola APLU e abordouse o coñecemento do entorno do noso IES A Pinguela desde que hai fotos aéreas e das Normas de Planeamento de Monforte, desenvolvendo unha actividade de debate-reflexión sobre as actuacións no territorio, rematando cun traballo en equipo sobre como facer un entorno sustentable.
Unha interesante actividade do Proxecto Terra que cómpre repetir no futuro!
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela