IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  1 de Outubro do 2021 - 64 visualizacións  
  Accésit no XIV concurso europeo de Historia para jóvenes Eustory 2020/21  
 
O Club de Letras do IES A Pinguela, capitaneado pola alumna de 1º BAC Humanidades Paula Rodríguez, xunto con Alba Hermida, Carla Lóperz e Jenifer Vilariño, titorizadas pola profesora de Lingua Galega Mª José Vidal Álvarez, veñen de obter un accésit no XIV concurso europeo de Historia para jóvenes Eustory 2020/21 co traballo “Ribeira Sacra: un paso adelante y otro paso atrás”.
Ralizaron unha investigación socioeconómica xeral derivada da falta de traballo e empresas da nosa zona e as crises trala pandemia así como a problemática laboral que supuxo. Fixeron un compendio de entrevistas (Adega-tapería Tear, Cervexas Chacueca, Os Píkaros de Chantada, Casa Loureira, Berso de Sober, Casa Antonio e Casa da Vila de Pantón, Abrente Comunicación, Festival 13 Roeis Fest de Pantón, Gestoría 3M,.. e incorporaron experiencias de Casa da Fonte, Ganadería López, Mel do Castro, Cantina de Meán no Saviñao e Cantina de Julia na Pobra de Brollón... ) e buscaron información sobre empresas novas e doutras que se viron obrigadas a reinventarse ou cerrar, facendo visible a necesidade de apoio económico neste ámbito xeográfico que ademais pretende ser Patrimonio da Humanidade polo que xuntaron referencias ó románico, patrimonio medieval de Monforte, rede de miradoiros, paisaxe, flora e fauna, árbores senlleiras, etc.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela