IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  3 de Decembro do 2021 - 46 visualizacións  
  Presentación do cómic "Subnormal. Unha historia de acoso escolar"  
 
Miguel Porto (debuxante) e Fernando Llor (escritor) viñeron ó IES A Pinguela para presentarlle ó noso alumnado de 3º ESO A+B e FP Básica o cómic “Subnormal. Unha historia de acoso escolar” baseado nos borradores do seu protagonista, Iñaqui Zubizarreta, exbaloncestista, quen relata o calvario que sufriu de adolescente no seu colexio en Getxo.
Fernando e Miguel explicaron o proceso creativo do texto e da imaxe da novela gráfica, en colaboración con Iñaki, e da importancia de condenar a violencia que se puidese dar contra ós nenos nos centros de ensino e na sociedade.
“Decidí que lo mostráramos todo en su crudeza. Que se deje ya de decir que son ‘cosas de chavales”, señala sobre as viñetas o que fora xogador do Pamesa Valencia.
As malleiras, as humillacións, os insultos. O tempo que o deixaron en coma, e o tempo que lle mergullaron a cabeza nas feces. Realmente houbo compañeiros que lle pegaron e unha profesora que, en vez de defendelo, lle chamou “parvo”. Iñaki Zubizarreta pasou a súa adolescencia asediado. Tanto é así que, nunha caricatura, a desesperación empúxao ao bordo dun barranco. E iso tamén pasou. Hai tantas feridas na súa memoria que os lapis apenas deberían inventar. “O bullying é destruír vidas”, defende Zubizarreta. Por iso quería un cómic tan implacable como os seus recordos, unha obra que convertese ó lector nun neno acurralado. O propio título do cómic non deixa lugar aos filtros: Subnormal. Porque así lle chamaban, unha e outra vez.
Unha actividade moi educativa organizada polo equipo da biblioteca que seguro fixo reflexionar a todos os presentes.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela