IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  30 de Novembro do 2021 - 36 visualizacións  
  Novo Mural no IES A Pinguela  
 
No IES A Pinguela temos un novo mural que veñen de realizar os alumnos de 2º ESO en base a deseños do alumnado de 1º e 3º ESO. Estiveron dirixidos polo artista gráfico Daniel Brey, de nome artístico Doc Toy (https://www.facebook.com/doc.toy.10 ), que tamén fixo os remates, coa colaboración de Pablo Castiñeira do colectivo Vella Escola (https://www.facebook.com/vellaescola.cultura.urbana/ ), e coa inestimable promoción de Afundación, Obra Social Abanca, representada por Marta Gefaella, que puxo en marcha este curso escolar Plantando árboles con pinceles, un proxecto pioneiro pola sostibilidade que mestura cultura, creatividade e coidado do medio ambiente a través da realización nos centros de ensino de Murais Artísticos Colaborativos e Ecolóxicos con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben o CO2 do ambiente. Unha idea xenial que todos recordarán!
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela