IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  24 de Febreiro do 2022 - 37 visualizacións  
  O IES A Pinguela coñece a tirolina máis grande de Galicia  
 
O noso alumnado de 1º ESO A e B ven de vivir unha intensa xornada visitando á Pontenova para realizar a ruta de sendeirismo dos Fornos, entrada ó nivel cero da Mina Consuelo e descenso na tirolina que se acaba de inaugurar nese concello. O IES A Pinguela foi o primeiro centro de ensino en vivir a experiencia, como nos comunicou o alcalde daquel municipio, Darío Campos, que quixo recibirnos e realizar unha foto de recordo cos alumnos do noso instituto. Pudemos coñecer como foi a extracción e tratamento do mineral de ferro ata 1965 e experimentamos o subidón de adrenalina na que hoxe é a supertirolina máis grande de Galicia: un viaxe de 330 metros a máis de 80 de altura atraviesando o río Turía durante 40 intensísimos segundos. A instalación recrea o trazado do antigo tranvía aéreo que levaba mineral desde a ladeira da Mina Consuelo á Mina Boulloso que a gran maioría do noso alumnado máis novo quixo experimentar e desfrutar.
Rematamos o día cunha visita guiada polo Castro e Museo de Viladonga. Iso si que é unha xornada ven aproveitada!!!
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela