Cinco dos nosos alumnos de 1º de Bacharelato de Erasmus en Italia con outros do Liceo Artístico Alpinolo Magnini de Deruta, Istituto Savatorelli Moneta de Marsciano, IES Axati de Sevilla e IES Esprominho de Braga (Portugal) acaban de regresar ó IES A Pinguela despois de rematar a súa moi interesante estancia na provincia italiana de Perugia. O proxecto que están a desenvolver é "Cinema didactic for the development of teachers and students skills". Foron 10 días de formación intensa pero tamén con tempo para crear vínculos cos seus compañeiros de aventura e de desfrutar dunha experiencia única, na que puderon coñecer aquel rico patrimonio, cultura e distintas maneiras de ver o mundo. Para o próximo mes de marzo agardamos poder recibilos para continuar o proxecto nestas nosas terras de Lemos! |