Ven de celebrarse o acto de graduación dos alumnos de FP do IES A Pinguela. Os dos ciclos superiores de Administración e Finanzas, Asistencia á Dirección, Estilismo e Dirección de Peiteado e Desenvolvemento de Aplicacións Web, os dos ciclos medios de Sistemas Microinformáticos e Redes, Xestión Administrativa, Estética e Beleza e Peiteado, Cosmética Capilar e por primeira vez unha promoción de Calzado e Complementos de Moda, que cos de FP Básica de Servizos Administrativos viviron a súa festa, coa animación musical de alumnas de 4º ESO, entre palabras de lembranza e de ánimo dos seus titores e dirección do centro para a seguinte etapa das súas vidas. O padriño da promoción foi Gonzalo López, antigo alumno de Administración e Finanzas do noso centro e 4ª xeración de responsables da fábrica Calzados Losal de Monforte. Desde aquí desexámoslles o mellor e recordámoslles que este instituto sempre seguirá sendo a súa casa.
Unha aperta forte, amigos! |