IES A Pinguela - Día das Letras Galegas
 
 
17 de maio de 2020: Día das Letras Galegas

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carballo (Carvalho) Calero.

Dedbido á situación actual na que nos atopamos, na Pinguela non queriamos que quedasedes coas mans valeiras e preparamos unha serie de contidos descargables para que os poidades ter na casa.

Trátase do cartel que preparamos este ano, así como unha presentación en PDF acerca da vida de Ricardo Carballo (Carvalho) Calero e un marcapáxinas listo para imprimir e recortar.

Tamén poderedes ver os distintos traballos dos vosos compañeiros e compañeiras que presentaron para este día. Son auténticas xoias. Moitas grazas dende aquí á xente participante!!

Bótasevos de menos. Agardamos vernos cedo

Unha aperta moi grande e a coidarse!!

Pincha en cada imaxe para descargar directamente os contidos:

Nota: Hai dous modelos descargables do marcapáxinas: un PDF con 1 marcapáxinas e outro PDF con 4 marcapáxinas prepados para imprimir e recortar.

Cartel
Marcapáxinas(x1)
Marcapáxinas(x4)
Presentación
Presentación "Poeta es..."

Ollo ao dato: para imprimir os marcapáxinas, configurade a impresora para imprimir en doble cara (manual) polo bordo curto. Así debería encaixar todo.

 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela