IES A Pinguela - Oferta educativa - Bacharelato
-----------------
 
INTRODUCIÓN

O Bacharelato é a última etapa da Educación Secundaria, ten carácter voluntario e a súa duración é de dous cursos, normalmente entre os 16 e os 18 anos.

Os alumnos poden permanecer cursando bacharelato en réxime ordinario durante catro cursos.

Ten modalidades diferentes que permiten unha preparación especializada dos alumnos (con elección de distintos itinerarios dentro de cada modalidade) para a súa incorporación a estudos superiores ou á vida activa.

As súas finalidades son:

- Formación xeral, que favoreza unha maior madurez intelectual e persoal, así como unha maior capacidade para adquirir unha ampla gama de saberes e habilidades.

- Preparatoria, que asegure as bases para estudos posteriores, tanto universitarios como de formación profesional.

- Orientadora, que permita aos alumnos ir canalizando as súas preferenzas e intereses.

Os alumnos que cursen satisfactoriamente o bacharelato en calquera das súas modalidades recibiran o título de bacharel. Para obter dito título será necesaria a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos.

O título de Bacharel facultará para acceder á formación profesional de grao superior e aos estudos universitarios. Neste último caso será necesaria a superación dunha Proba de Acceso (PAAU).

 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela