IES A Pinguela - Oferta educativa - ESO
-----------------
 
PROMOCIÓN

O alumnado promocionará ao curso seguinte cando teña superados os obxectivos das materias cursadas ou teña avaliación negativa en dúas materias como máximo.

O alumnado repetirá curso cando sexa avaliado negativamente en tres ou máis materias.

Excepcionalmente, o equipo docente poderá autorizar a promoción con avaliación negativa en tres materias, se considera que a natureza destas non lle impide ao alumnado seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a dita promoción beneficiará a súa evolución académica.

Para os efectos de promoción de curso computarase como unha única materia as de diferentes cursos que teñan a mesma denominación.

Coa finalidade de lle facilitar ao alumnado a recuperación das materias con avaliación negativa, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determinará as condicións e regulará o procedemento para que os centros organicen as oportunas probas extraordinarias en cada un dos cursos. As probas extraordinarias realizaranse no mes de setembro.

O alumnado que non promocione permanecerá un ano máis no mesmo curso, sen prexuízo do que se establece no punto seguinte. Os centros deberán organizar para este alumnado un plan específico personalizado, orientado á superación das dificultades detectadas no curso anterior, de acordo co que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O alumnado poderá repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo dentro da ESO. Excepcionalmente, unha alumna ou alumno poderá repetir unha segunda vez en cuarto curso se non repetiu en cursos anteriores da ESO.

Cando a segunda repetición se deba producir no último curso da etapa, prolongarase un ano o límite de 18 anos de idade establecido para rematar a Educación Secundaria Obrigatoria.

As decisións do equipo docente adoptaranse por maioría simple dos seus membros.

 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela