IES A Pinguela - Oferta educativa - ESO
-----------------
 
TITULACIÓN

O alumnado que supere todas as materias da etapa obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Da mesma maneira, poderán obter o devandito título as alumnas e alumnos que rematasen o cuarto curso con avaliación negativa nunha ou dúas materias, e excepcionalmente en tres, sempre que o equipo docente considere que a natureza e o peso destas no conxunto da etapa non lles impediu alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa.

O alumnado que curse programas de diversificación curricular obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria se supera todos os ámbitos e materias que integran o programa. Así mesmo, poderá obter o devandito título o alumnado que, tendo superado os dous ámbitos, teñan avaliación negativa nunha ou dúas materias, e excepcionalmente en tres, sempre que ao xuízo do equipo docente alcanzasen as competencias básicas e os obxectivos da etapa.

O alumnado que curse un programa de cualificación profesional inicial obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria se cursa e supera, ademais dos módulos obrigatorios, os módulos voluntarios.

O alumnado con dezaoito anos cumpridos que non obteña o título de graduado en educación secundaria obrigatoria e non teña avaliación negativa en máis de cinco materias disporá, durante os dous anos inmediatamente seguintes ao remate da escolarización, dunha convocatoria anual de probas para superar as materias pendentes, nos termos que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. En todo caso, as probas terán lugar no mes de xuño e serán incompatibles con estar cursando as ensinanzas de adultos.

O título de graduado en educación secundaria obrigatoria permitirá acceder ao bacharelato, á formación profesional de grao medio, aos ciclos de grao medio de artes plásticas e deseño, ás ensinanzas deportivas de grao medio e ao mundo laboral.

O alumnado que curse a educación secundaria obrigatoria e non obteña o título de graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá un certificado de escolaridade en que se farán constar os anos e materias cursados

 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela