IES A Pinguela - Secretaría - Taboleiro de anuncios
 
 
  29 de Maio do 2017 - 108 visualizacións  
  AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR  
 
Segundo a Orde de 16 de maio de 2017, publicada no DOG do día 22 de maio, a presentación de solicitudes para AXUDAS de LIBROS DE TEXTO e MATERIAL ESCOLAR para o vindeiro curso 2017/2018, deberán presentarse nas Secretarías dos centros docentes no prazo de 23 de maio a 23 de xuño.
Ademais segundo a mesma orde aqueles que tiveran no presente curso as axudas de libros de texto deberán devolvelos ao centro antes do 23 de xuño, sempre e cando as materias estean aprobadas.Se algunHa das materias destes libros NON está superada, o libro permanecerá en poder do alumno ata a convocatoria de setembro, unha vez realiazado o exame procederá á devolución do libro.
O procedemento para a recollida destes libros levarase a cabo da seguinte forma:
DATAS RECOLLIDA: de 19 ao 22 de xuño
HORARIO: de 16:00 ás 20:00 horas
LUGAR: Conserxería do centro
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela