XARDÍN BOTÁNICO
Érbedo, albedro, capudre
Nome en galego
Érbedo, albedro, capudre
Nome en castelán
Madroño
Nome científico
Arbutus unedo
Nome en inglés
Strawberry tree
Nome en francés
Arbousier
Foto da árbore
 

 

Características Xerais

 

Arbusto ou arboliño de ata 10 m de altura, perennifolio, típico de matogueiras ou bordos pedregosos dos bosques.

 

Tronco

 

A casca é de cor pardo-grisáceo, delgada e moi agretada.

 

Follas

 

Son simples, lanceoladas, cos bordos serrados, de consistencia coriácea. A face ten unha cor verde intensa e no envés mate.

 

Flores

 

Son hermafroditas, cos pétalos brancos-rosados ou verdosos. Florece en outono ou principios do inverno

 

Froito

 

Cando madura é de cor vermello escuro, tarda un ano en madurar. Mide entre 1 e 2 cm. Comestible.

 

Usos

 

 

Familia

 

Familia das ericáceas

 

Imaxes dos detalles

 

(fai clic para ampliar)

 

 

 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela