Zona común

Publicación da Circular nº 2/2013 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2012/2013: 

Reclamacións no centro. Prazos
Convocatoria ordinaria: 28 e 29 de maio de 2013 (ata as 14 horas).
Convocatoria extraordinaria: 5 e 6 de setembro de 2013 (ata as 14 horas).

Reclamacións ante a comisión de supervisión (Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo). Prazos
Convocatoria ordinaria: antes das 18 horas do día 3 de xuño de 2013.
Convocatoria extraordinaria: antes das 19 horas do día 9 de setembro de 2013.

Remisión do expediente ante a comisión de supervisión. Prazos
Convocatoria ordinaria: antes das 14 horas do día 4 de xuño de 2013
Convocatoria extraordinaria: antes das 14 horas do día 10 de setembro de 2013.

Máis información