O contorno

IES A Piringalla O Instituto de Ensino Secundario "Muralla Romana" é un centro situado na zona noroccidental da cidade de Lugo, no barrio de "A Piringalla", onde se completa a oferta educativa co CEIP Luis Pimentel e o IES "Ánxel Fole".

Atopámonos nun contorno físico enmarcado por rúas con pouca circulación de vehículos; é dicir, sen ruídos molestos, e onde predominan as vivendas de poucas plantas, pero si é certo que nos atopamos en período de crecemento. 

Non hai grandes industrias próximas, os postos de traballo da zona están relacionados co comercio, pequenos talleres e outros tipos de servizos. Neste espazo temos un pavillón polideportivo dependente do Concello, unha escola infantil e un Centro de convivencia-Casa das Linguas.

 Escola Infantil Casa das Linguas 

Tema moi importante é o achado do castro da Piringalla co que a historia faise patente na zona. Con anterioridade, producíranse algúns achados arqueolóxicos, pero ata fai moi pouco tempo ningún historiador situaba nesta zona un castro. As súas dimensións, así como os fosos e parapetos que debeu ter, fan del un asentamento relevante, segundo os especialistas que investigan no citado recinto existe vestixios dun forno, para fundición de ferro, do que quedan restos dunha parede. Así como as pedras de sete muíños romanos.