Historia

IES A PiringallaO I.E.S "Muralla Romana" é un centro de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional Específica de Grao Medio e Superior, situado no barrio de "A Piringalla", na zona norte da cidade de Lugo, R. Angelo Colocci, s/n.

ALGUNHAS PARTICULARIDADES

A actividade como centro educativo empeza no curso 1982-83  no edificio que actualmente ocupan os xulgados da cidade. Comeza como Centro de Formación Profesional, impartíndose a Especialidade Administrativa da Rama Administrativa e Comercial.

No curso 1985-86 inaugúrase o edificio actual como Centro de  Formación Profesional de Primeiro e Segundo Grao.

Coa aplicación da Reforma Educativa que supón a LOXSE  incorpóranse alumnos de Secundaria Obrigatoria e Bacharelato

O entorno do centro na actualidade ten pouco que ver co daquel momento, desprovisto de casas, servizos, accesos, etc. Hoxe é un barrio en pleno crecemento, no que a poboación se está a incrementar en porcentaxes elevadas.

Sendo unha das zonas da cidade de Lugo, coa vivenda máis accesible, son parellas xóvenes e persoas vidas doutras partes da cidade ou doutros países  os que están a ocupar a maioría das casas.

Procedencia dos nosos alumnos:

Non son alumnos do barrio no que está situado o centro, xa que no mesmo hai dous Institutos, e o Colexio da zona está adscrito ao Instituto Ánxel Fole.

  • Alumnos de ESO: Dos colexios de Albeiros e Paradai, os nosos colexios adscritos.
  • Alumnos de Bacharelato: Na súa maioría, os que obteñen o título de secundaria obrigatoria no Instituto.
  • Alumnos de Ciclos: De toda a cidade e localidades cercanas.

É de destacar, ao longo dos anos, a disposición deste Centro a acoller calquera innovación proposta: Informática de Empresa, Módulos Profesionais, Informatización Administrativa, Apoio a Diversidade, acollida de programas para a formación ética e persoal dos nosos alumnos, participación de profesores do Instituto en Grupos de Traballo de elaboración de currículos de ciclos formativos, programas de resolución de conflitos entre iguais, etc.