NIVEL I (1º e 2º ESO): A lectura será “Nunca seré tu héroe”, de María Menéndez-Ponte. A reunión para o comentario da novela terá lugar o luns 20 de maio na Aula 01, a partir das 18:00.
Nunca seré tu héroe.María Menéndez-Ponte
Sinopse
Andrés está farto do colexio, dos grans, do rollo da súa nai, da plasta da súa irmá, de Jorge o pispanoivas, da vida en xeral e do profe de Historia en particular. Dani e máis el propóñense cambiar o mundo e fan un conxuro que os fará inmunes ás pantasmadas dos pijos, pelotas e demais aves preeiras, e os converterá en heroes. Ben, polo menos iso é o que estaba previsto. Se logo as cousas se torcen...
NIVEL II (3º ESO, 1º BAC, 1º XEAD e 1º PEC): A reunión para o comentario da novela “Crime en Compostela”, de Carlos G. Reigosa, terá lugar o luns 29 de abril de 2013 no Salón de Actos, a partir das 18:00.
Crime en Compostela.Carlos G. Reigosa
Sinopse
Crime en Compostela, galardoada co 1 Premio Xerais de novela en 1984, é un indiscutido bestseller da narrativa galega dos últimos vinte anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, a obra presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato na capital de Galicia. Un dos seus maiores logros é o de converter en coprotagonistas os dous investigadores, as persoas vencelladas co suceso e a propia cidade de Santiago, retratada aquí coas súas grandezas e miserias. Un crime arrepiante sacude á comunidade compostelá e amosa o rostro oculto dunha cidade aínda esotérica e misteriosa. Os seres humanos e as súas paixóns mandan, e ás veces mandan matar, sen que as razóns disto sexan doadas de indagar e descubrir. Reigosa inaugurou con Crime en Compostela a narrativa policíaca galega, un xénero que se convertería «nun dos máis tocados pola novela galega actual, e o seu detective Nivardo Castro é xa un personaxe clásico» (Manuel Rodríguez Alonso). A obra vense reeditando desde 1984.
NIVEL I (1º e 2º ESO): A lectura será “El señor Ibrahim y las flores del Corán”, de Eric Emmanuel Schmitt. A sesión terá lugar o día 4 de marzo na Aula 01, ás 18:00.
El señor Ibrahim y las flores del Corán.Eric Emmanuel Schmitt
Sinopse
No París dos anos sesenta, un mozo xudeu de 13 anos faise amigo do tendeiro árabe da rúa Azul. Pero as aparencias sempre son enganosas: o Sr. Ibrahim, o tendeiro, non é árabe, a rúa Azul non é azul e poida que o rapaz non sexa xudeu. Eric-Emmanuel Schmitt (1960) é o autor de teatro francés máis representado en Francia e no estranxeiro. As súas obras foron estreadas en máis de 30 países. Este breve relato, gran éxito teatral en Francia, é o segundo da Triloxía do Invisible. Foi levado ao cine cos actores Omar Sharif e Isabelle Adjani.
NIVEL II (3º ESO, 1º BAC, 1º XEAD e 1º PEC): A reunión para a lectura da obra “Aquí non paga ninguén”, de Dario Fo, terá lugar o día 19 de febreiro no Salón de Actos, ás 16:20.
Salientar como novidade que nesta ocasión lerase a obra ese día a viva voz, non só se limitarán a comentala.
Aquí no paga nadie.Dario Fo
O nobel Dario Fo adapta a súa obra 'Aquí non paga ninguén' ós novos tempos
Sinopse
Case corenta anos despois de escribila, o comediante e Premio Nobel de Literatura Dario Fo actualizou unha das súas comedias más xeniais, ¡Aquí non paga ninguén!, ante os acontecementos políticos, económicos e sociais que están sucedendo hoxe en día. A Editorial Hiru publicou esta nova versión desta obra que fala de cidadáns indignados e asaltos a supermercados en tradución ó español de Carla Matteini e baixo o título de 'Sotto paga! Non si paga!'.
Resulta curioso comprobar neste texto certa coincidencia coa situación actual do noso país, e, por fin, parece que tamén de Italia. Porque a obra fala de cidadáns indignados, dúas amas de casa en concreto, que deciden practicar a desobediencia civil, roubando comida dos supermercados que soben os prezos sen parar en plena crise económica. A montaxe da obra tivo tanta repercusión, que en Milán se produciron casos reais de “saqueo” de supermercados, e Fo foi denunciado por “instigación ó delito”. Case 40 anos máis tarde reescribiu este texto, cambiándolle hasta o título e situándoo na Italia de Berlusconi. Por suposto, na versión elimináronse as referencias concretas a ministros e outros políticos, que ademais, grazas á tan esperada reacción do pobo italiano, dentro de pouco terán desaparecido, por sorte, do mapa político.
Isto recondúcenos á vella polémica de se envellecen ou non os textos políticos, como as farsas que Fo escribiu nos duros anos 70, os “anos do chumbo” nunha Italia ameazada polo rebrote do fascismo. Este perigo preocupa desde sempre a Dario Fo, e posiblemente sexa a orixe desta operación de “aggiornamento” que practica en Sotto paga! Non si paga! Fo centra este cambio sobre todo no personaxe de Juan, facéndoo menos dogmático, máis flexible, aínda que sen renunciar ás súas conviccións de esquerda, como os outros personaxes, policía radical incluido. E así o texto segue tendo, como todos os que son bos, a calidade de ser, tal vez, aínda máis oportuno que cando se escribiu.
NIVEL II (3º ESO, 1º BAC, 1º XEAD): A lectura será “El imperio del Sol”, de J.G. Ballard. A sesión terá lugar o día 28 de xaneiro na Aula 106, ás 17:10. O libro dispón de versión cinematográfica, unha vez lido o libro, proxectarase a película.
El imperio del sol.James Graham Ballard
Sinopse
En 1937 Xapón invade China, e en 1941 os europeos que aínda quedan en Shanghai xa case están afeitos a unha vida incerta e precaria nunha illa de fráxil neutralidade, mentras desde as mansións da Avenida Amherst e as limusinas americanas observan a brutal realidade da ocupación xaponesa. Para Jim, de once anos, nacido e criado en Shanghai, ésta é a verdadeira guerra. Os acontecementos europeos, vislumbrados en titilantes noticiarios, parécenlle tan exóticos e irreais como as epopeas de Hollywood... Tralo d ataque xaponés a Pearl Harbor, e o afundimento dos buques de guerra americanos e ingleses anclados no Yangtsé, Jim encóntrase de pronto separado dos seus pais e é conducido ao inquedante campo de Langua. Alí, nun mundo onde a norma cotiá é a falla de alimentos, a violencia e maila morte, Jim encontra paz e seguridade... hasta que, en 1945, a primeira bomba atómica cae sobre Xapón.
El imperio del sol é unha película de corte bélico producida e dirixida por Steven Spielberg. Está baseada no libro homónimo de J. G. Ballard escrito en 1984. A película de realización estadounidense foi estreada en 1987. Está protagonizada polo actor Christian Bale.
NIVEL I(1º CICLO DE ESO): A lectura foi “Engurras”, de Paco Roca. A sesión tivo lugar o día 21 de decembro na Salón de Actos, coa proxección da película.
NIVEL II (3º ESO, 1º BAC, 1º XEAD): A lectura será “Nómades”, de Xosé Tomás. A sesión terá lugar o día 14 de xaneiro na Aula 105, ás 18:00.
Engurras.Paco Roca
Sinopse
A Emilio, un xubilado da banca, intérnano os fillos nunha residencia de anciáns porque ten Alzheimer. Alí coñece, e ás veces intima, con personaxes entrañables como Modesto e Dolores, o sumiso e optimista Pellicer, o xordo Agustín, Xoan, que repite como un loro o que oe… e, sobre todo, Miguel, ese personaxe tan complexo, vitalista e cobizoso.
Non é unha historia sobre o Alzheimer (aínda que a enfermidade ten un importante papel) senón sobre o microcosmos dunha residencia de anciáns, coas súas historias, discusións, amores e ata fugas aventureiras.
Premio Nacional de Cómic en 2008
Comentario:
"O que máis me gusta é o tratamento non sensiblero do grave problema do protagonista e o que o amor, o humor e a dor vaian tecidos sabiamente nun guión hábilmente trenzado. Unha preciosidade."
Engurras é un filme de animación galego que foi estreado por primeira vez o 19 de setembro de 2011 no Festival de Cine de San Sebastián, baseado no álbum de banda deseñada Arrugas, de Paco Roca.
O filme comezouse a rodar en xaneiro de 2010, dirixido por Ignacio Ferreras. A dirección de animación é do propio Paco Roca, autor do álbum orixinal, e a música do compositor galego Nani García. As produtoras son Perro Verde Films e a catalá Cromosoma.
Galardóns e nomeamentos
XXVI edición dos Premios Goya (2011): Mellor filme de animación e Mellor guión adaptado realizado por Ángel de la Cruz, Ignacio Ferreras, Paco Roca e Rosanna Cechinni.
Premios Mestre Mateo (2011): Premio Mestre Mateo á mellor película de animación.
As mulleres de NÓMADES son persoas que o arriscan todo para cruzar o mar polo futuro dos seus fillos; mozas e mozos que se prostitúen para enviar diñeiro á casa, coa aceptación tácita das súas familias, que “non preguntan”; mulleres que adquiren unha cualificación profesional e académica e que chegan a situarse comodamente na sociedade, pero sen que por iso sexan de todo aceptadas; anciás que se equivocan ao emigrar, porque xa é tarde para acadar a integración; empregadas do fogar sen papeis que non inspiran nin mágoa, porque son, no fondo, un problema económico e legal; e nenas que se integran, que se abren camiño con normalidade na nova sociedade e borran toda pegada dun pasado de dor e indefensión. NÓMADES é unha homenaxe ás pequenas historias íntimas, as que son, en realidade, mundos complexos para quen as vive. E trátase dunha historia que ten fe na superación persoal, posto que comeza cunha travesía pola morte, e remata coa redención humana. Nawal, que pecha o círculo da vida da súa familia e da propia obra, é o que finalmente queda no padal: o regusto pola esperanza, nun mundo no que a palabra “estranxeiro” é universal.
O ilustrador Xosé Tomás presentou en Santiago (Biblioteca Ánxel Casal, 20.00 horas) a súa novela gráfica Nómades (Galaxia), artellada sobre breves pero reveladores episodios que teñen como fío condutor a emigración e como protagonistas a mulleres de diferentes idades e condicións. Polas súas páxinas pasan mulleres que atravesan o océano en caiuco, que se prostitúen para enviar o diñeiro ás súas familias, que emigran na vellez por acompañar os fillos e non se adaptan, que viven ás agachadas o seu lesbianismo ou que non poden regresar ao seu país a enterrar a un ser querido pola situación laboral irregular na que se atopan.
Xosé Tomás (Betanzos, 1971) documentouse a fondo para escribir e debuxar cada un destes episodios, un proceso no que ademais de coñecer de primeira man a realidade das súas protagonistas tamén serviu para rexeitar ideas preconcibidas. «As travesías nos caiucos poden parecernos moi épicas, pero cando falei con dúas persoas que cruzaran a Canarias o que máis lembraban era a mestura de cheiros como o salitre, o combustible e os excrementos», relata o autor. Malia toda esa documentación, o resultado no papel favorece a lixeireza e o rexistro íntimo, porque Xosé Tomás é consciente de que a viñeta ten os seus propios códigos e o máis útil para os seus propósitos era a elipse.