Colaboracións

Logo de Departamento de Informática da Piringalla
COLABORACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE INFORMÁTICA

Escola de Artes Aplicadas

Alumnos/as de terceiro de “Deseño gráfico”, da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, colaboran cos nosos alumnos/as do módulo “Proxecto integrado” de segundo curso do ciclo “Desenvolvemento de aplicacións informáticas”, realizando o deseño gráfico das webs dos proxectos.

 
Web da Party Terra Chá

O departamento de Informática colaborou na posta en marcha da “Terra Chá Lan Party”, celebrada no teleclube de Castro de Rei os días 5 e 6 de decembro do 2009. Dita Party foi iniciativa dun grupo de alumnos de informática do noso centro.

 Web Aula TIC Pymes da USC

Colaboran alumnos de segundo curso de ASI e DAI coa aula TIC PYMES da USC, para formarse como dinamizadores TIC.
A ATP forma a estes estudantes próximos á finalización dos seus estudos, na utilización e utilidade das ferramentas TIC para que sexan eles quen, posteriormente, acudan ás organizacións para amosarlles o aprendido.

 
Non dispoñible logo

Colaboración coa empresa SMALL WONDERS, con estadías formativas do profesorado nela.
SMALL WONDERS é una empresa de Lugo que ofrece servizos de creación software de entretenemento adaptado ás plataformas do mercado, distribución on-line, publicidade en xogos, desenrolo de videoxogos, etc.)