Actividades06/05/2013 - 00:50 06/05/2013 - 14:20 Etc/GMT+1
O 6 de maio terá lugar no salón de actos unha charla-coloquio baixo o título “OS SEGREDOS DOS INSTRUMENTOS MUSICAIS EN GALICIA”, actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística. O relator será D. Xosé María Álvarez Marías, músico e fundador da Escola de Gaitas de Ortigueira e tamén do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, de recoñecido prestixio. Os rapaces terán a oportunidade de coñecer os aspectos fundamentais duns trinta instrumentos característicos e da súa función na música popular galega, coa interpretación dalgunhas pezas tradicionais,... e con mención especial para a gaita e a zanfona. 03/05/2013 - 10:30 03/05/2013 - 12:40 Etc/GMT+1
CORRELINGUA é unha carreira en prol da nosa lingua, o galego. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende a participación da mocidade neste acto reivindicativo, do dereito a medrar no noso idioma. Programa da actividade en Lugo, que presentará Pepe Penabade. Marcha: saída desde a Praza de Santa María (11:00h), chegada ao mesmo punto de partida (12:00 h.). Máis información: www.correlingua.org Concurso para elaboración portada LATRICADAS 18
Obxectivo: Crear unha portada para o número 18 da revista LATRICADAS Participantes: Calquera alumno/a do Instituto Tema libre, valorarase a orixinalidade, calidade e a súa relación coa cultura galega e o centro. Técnica libre: valen deseños e debuxos a man, con ordenador etc... O tamaño será en DIN-A4. Entrega dos traballos: antes do 10 de maio na Conserxaría ou en edl.muralla.romana@gmail.com O xurado estará composto polos membros do Equipo de Dinamización Lingüística do Centro. Premios:
Entrega de premios o día 15 de maio ás 11:30 no Salón de Actos. Os traballos presentados serán expostos durante a semana das Letras Galegas. Se os traballos non ofrecen unha calidade mínima, os premios poden quedar desertos. Concurso de slogans a favor do Galego
Tema: O tema do traballo xirará arredor dun slogan en defensa da língua galega, presentado en formato DIN-A3 Entrega dos traballos: antes do 10 de maio na Conserxaría ou en edl.muralla.romana@gmail.com O xurado estará composto polos membros do Equipo de Dinamización Lingüística do Centro Establécense os seguintes premios:
A entrega de premios o día 15 de maio ás 11:30 no Salón de Actos. Os traballos presentados serán publicados na revista LATRICADAS. Se os traballos non ofrecen unha calidade mínima, os premios poden quedar desertos. 22/04/2013 - 11:40 22/04/2013 - 13:30 Etc/GMT+1
Hai 4 rutas: a da pantasma, a da serpe, a do paxaro e a do trasno. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro "Contos do Museo", con textos de Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Paco Martín e Xosé Miranda. Ditos relatos son: Visita Nocturna, A serpe de pedra, Un paxaro posible e Un trasno do museo no Tour de Francia. Xa no museo o alumnado deberá completar unha folla de ruta. Logo comprobaranse os resultados de cada unha das catro expedicións e repartiranse os agasallos correspondentes. Recursos a empregar: materiais (libro, follas de ruta, bolígrafos, marcadores, ...) e didácticos (caderno do alumnado). As rutas literarias cumpren unha función importante ao facilitarlles ao alumnado a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan o alumno nun medio diferente ao seu, que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co/a profesor/a e outros compañeiros/as, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral. 05/04/2013 - 11:50 05/04/2013 - 13:30 Etc/GMT+1
Aclaración: O día 19 de marzo xa houbo dous OPS!, para 3º e 4º da ESO. O docente foi o profesor Jurjo Martins. O ateliê Ops! é unha idea orixinal de Carlos Figueiras, adaptada e desenvolvida por Valentim R. Fagim. Nace para pór en valor a lingua de Galicia, facendo ver a súa potencialidade e ter en conta os prexuízos que a subvaloran. Nace porque o portugués é a sexta lingua máis falada no mundo, oficial en 4 continentes e 8 países, sendo un deles o Brasil, unha potencia emerxente. Nace porque o plurilingüismo vai ter cada vez máis valor, promovido pola globalización e as institucións políticas (a comezar pola Unión Europea).
Finalmente, nace porque é en épocas de crise cando é máis preciso afinar onde imos investir os nosos recursos e depositar a nosa atención. 04/02/2013 - 00:30 04/02/2013 - 15:00 Etc/GMT+1
O alumnado de 4º de ESO asistirá á representación da obra teatral, Pelos na lingua, da compañía Talía Teatro. Distintos autores e autoras galegas participaron na creación deste espectáculo que interpretan Artur Trillo, Toño Casais e María Ordóñez, baixo a dirección de Avelino González. Unha comedia estruturada en sketches que fala dos usos e abusos que sofre a lingua galega; tratando o tema dun xeito irónico, sarcástico e retranqueiro. É unha útil ferramenta didáctica para traballar contidos relacionados coa sociolingüística: os múltiples e variados prexuízos lingüísticos, a relación lingua-mocidade... A finalidade é a reflexión do alumnado.
Vídeos do RECITAL: Un poema de Celso Emilio Ferreiro. O 12 do 12 do 2012 ás 12h. no salón de actos do IES Muralla Romana soaron versos de Celso Emilio Ferreiro, nun recital poético que protagonizaron alumnos de 1º de BAC. Momento que recollen os seguintes vídeos, no que cabe destacar a interpretación do poema na lingua de signos.
Unha pequena homenaxe destes estudantes, uníndose así á conmemoración do centenario do poeta celanovés. 2012 foi declarado Ano Celso Emilio Ferreiro polo Parlamento Galego co gallo do centenario do nacemento do escritor e político ourensán.
17/12/2012 - 00:00 20/12/2012 - 23:59 Etc/GMT+1 CICLO DE CINE EN GALEGO
PELÍCULA: A CASA DA MIÑA AVOA Para ESO 1º A, B e ACC Nota: Os profesores que teñan á primeira hora da sesión deberán levar aos alumnos ao Salón de actos e na hora da súa clase vixiaranos.
Para 2º BAC Nota: Os profesores que teñan á primeira hora da sesión deberán levar aos alumnos ao Salón de actos e na hora da súa clase vixiaranos.
PELÍCULA: A LINGUA DAS BOLBORETAS Para 4º ESO e PDC Nota: Os profesores que teñan á primeira hora da sesión deberán levar aos alumnos ao Salón de actos e na hora da súa clase vixiaranos.
Para 3º ESO e PDC Nota: Os profesores que teñan á primeira hora da sesión deberán levar aos alumnos ao Salón de actos e na hora da súa clase vixiaranos.
Para 1º BAC Nota: Os profesores que teñan á primeira hora da sesión deberán levar aos alumnos ao Salón de actos e na hora da súa clase vixiaranos.
PELÍCULA: O camiño a Santiago. A orixe. Para ESO 2º A, B e ACC Nota: Os profesores que teñan á primeira hora da sesión deberán levar aos alumnos ao Salón de actos e na hora da súa clase vixiaranos.
12/12/2012 - 11:20 12/12/2012 - 11:50 Etc/GMT+1
O 12 do 12 do 2012, case ás 12h. (11:20h), no salón de actos do IES Muralla Romana soarán versos de Celso Emilio Ferreiro, nun recital poético que protagonizarán alumnos de 1º de BAC. Unha pequena homenaxe destes estudantes, uníndose así á conmemoración do centenario do poeta celanovés.
2012 foi declarado Ano Celso Emilio Ferreiro polo Parlamento Galego co gallo do centenario do nacemento do escritor e político ourensán.
|
Museo Salón actos
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||