Axudas

Para o alumnado que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao medio ou superior de formación profesional e deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2012.

Orde do 9 de maio de 2012 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo

Orde do 27 de decembro de 2012: Resolución das axudas económicas da FCT período outubro-decembro 2012.

Débese presentar a seguinte documentación no centro onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.:

-Solicitude normalizada segundo o anexo I da orde.
-Certificado do domicilio de residencia durante o período de realización da FCT, segundo o anexo II desta orde.
-Fotocopia do DNI.
-Declaración responsable da titularidade da conta bancaria segundo o anexo III desta orde.

Prazos para presentar a documentación:

para o alumnado que realice a FCT nos períodos outubro 2011-marzo 2012 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2012 o prazo remata o 15 de xuño de 2012.
Ó alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2012 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo. 

O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2012, para o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2012. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2012.


Máis información FCT