Eventos

« Martes Maio 15, 2012 »
Mar
Start: 00:30
End: 23:00

L'oreal Aprender+Trofeo ColorArt de L'Oréal

Día: 15 de maio
Lugar: IES Johan Carballeira - Bueu
Participan: alumnado da familia de Imaxe Persoal

Un ano máis L 'Oréal Professionnel en colaboración coa Xunta de Galicia organizou este concurso, dentro do programa Aprender+, que segundo a empresa, nace co obxectivo de crear unha dinámica de motivación aos profesionais perruqueiros durante o seu período de formación. De feito, durante todo o curso o alumnado de Imaxe Persoal asiste a actividades de formación complementarias, organizadas no propio centro por L'Oreal.

No concurso competiron representantes de centros de formación profesional de perrucaría de Galicia. Cada centro participou con dous alumnos/as que tiveron que presentar dous traballos: un de corte e cor de fantasía, e a posteriori, un recollido, tamén de fantasía.

Os traballos foron avaliados por un xurado experto, que valorou as calidades técnicas dos traballos de cabelo e o estilismo.

L 'Oréal Professionnel con este tipo de iniciativas quere mostrar a súa firme aposta polos profesionais que constituirán o futuro da perrucaría, motivando o espírito de equipo, a participación e a comunicación entre as escolas participantes.

Representación do noso instituto no Trofeo Color Art
Representación do noso instituto no Trofeo Color Art
Gañadores do 3º premio e as súas modelos
Gañadores do 3º premio e as súas modelos


Os alumnos do noso instituto Yago Gómez e Araceli Aguiar acadaron o terceiro posto no concurso Color Art de L'Oréal. Parabéns a eles e as súas profesoras María Luz Rodríguez e Mar Limeres.

Máis información