Vídeo explicativo da MITOSEVídeo explicativo da mitose Unha vez máis o departamento de Bioloxía en colaboración cos seus alumnos vólvennos sorprender, nesta ocasión co seguinte vídeo no que podemos observar como a Bioloxía pode ser divertida. Unha clase didáctica e amena na que colaboraron activamente alumnos e alumnas da profesora Begoña Outumuro. Encargáronse da documentación, interpretación, realización e produción do filme, gravado integramente nas instalacións do instituto. Nel explícannos as fases da mitose coa axuda do proxector e mediante unha canción, versionando o tema de moda "Ai se eu te pego" de Michel Teló. Agradecer que compartan esta grata experiencia connosco, pois serviranos de axuda para saber que é a mitose, cales son as súas fases e que acontece en cada unha delas.
|
Museo Salón actos
EVENTOS |