Avaliación inicial. Curso 2012-201317/10/2012 - 00:00 18/10/2012 - 23:59 Etc/GMT+1 OUTUBRO 2012
ACTAS DAS AVALIACIÓNS DE CICLOS: Deben recoller os acordos que adopte o equipo docente e ir asinadas polos profesores asistentes. Tamén se debe asinar o modelo AL972-Acta de asistencia avaliación. ENTREGA DAS ACTAS: En Xefatura de Estudos. Os profesores titores da ESO utilizarán o modelo de informe “INFORME DE AVALIACIÓN FINAL DE CURSO”. Este informe irase cubrindo ao longo do curso e entregaráselle á orientadora despois da avaliación extraordinaria de setembro. NOTA: A Avaliación inicial do alumnado terá por obxecto coñecer as características e a formación previa de cada alumno e de cada alumna, así como as súas capacidades. Deberá servir para orientar e situar o alumnado en relación co perfil profesional correspondente. Nesta sesión, o profesor/a titor/a do grupo dará a información dispoñible, sobre as características xerais do grupo ou sobre as circunstancias especificamente académicas, ou persoais con incidencia educativa, de cantos alumnos e alumnas o compoñen, aos membros do equipo docente da súa titoría. Lugo, 9 de outubro de 2012 Xefatura de estudios
|
Museo Salón actos
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||