As runas son cada un dos
caracteres do alfabeto que usaron os pobos xermánicos. En toda a Europa
occidental atopáronse inscricións rúnicas en monumentos de pedra e en
obxectos metálicos como puntas de lanza e amuletos, a maior parte en
Inglaterra e Escandinavia. Os caracteres rúnicos foron usados dende o
s.III a.C. ata o s. XII d.C., e estiveron sempre asociados a cuestións
máxicas e místicas.
O alfabeto rúnico
denomínase futhark para recordar as seis primeiras letras (f, u,
th, a, r, k), do mesmo xeito que a palabra abecedario recolle as
tres primeiras letras do noso sistema e a palabra alfabeto as
dúas primeiras letras do grego (alfa, beta). Na súa orixe constaba de 24
caracteres.