O ceo, a Terra, o mar, as árbores,
os animais, os seres humanos...
todo isto e todo o demais
está formado por quarks u, por quarks d, por electróns e por baleiro
 

 

 

 

A unión de dous quarks u e dun quark d forma un protón.
A unión dun quark u e dous quark d forman
un neutrón
Protóns e neutróns forman o núcleo.
O núcleo e os electróns, que se moven ó seu arredor, forman o átomo
 

Fonemas: quarks e electróns

Letras: átomos

 

 

 

Tódolos átomos que teñen un protón son átomos de hidróxeno: H
Tódolos átomos que teñen dous protóns son átomos de helio: He…
Tódolos átomos aparecen ordenados segundo o seu número de protóns na táboa periódica.
 

 

 

Palabras: moléculas

 

A unión de dous ou máis átomos dá lugar a moléculas
 Dous átomos de hidróxeno e un átomo de osíxeno forman unha molécula de auga H2O

 

 

 

Unha pinga de auga contén  3000 billóns de
de moléculas de auga
 

 

 

 

Oracións: mestura de moléculas

 

 

Un exemplo de mestura é o aire que está formado por moléculas de
 nitróxeno, osíxeno, auga, dióxido de carbono…
 

 

 

A mestura de moléculas do aire sometidas a altas temperaturas
e descargas eléctricas deu lugar, hai 3500 millóns de anos, a distintas
 moléculas que disoltas na auga do mar formaron moléculas mais complexas.
Algunhas delas combinadas entre si produciron os primeiros
nucleótidos
 

 

 

 

Anterior                                                Seguinte