
O acceso de sempre
Nos 24 anos que ten o Instituto público de Caldas os accesos ó mesmo fixéronse sempre a través da carballeira; nunca se plantexou un acceso alternativo porque a outra vía que chega ata o centro é a pista de Mariñoleiras, que nunca reuniu, nin reúne, os requisitos mínimos para ser considerado un verdadeiro acceso. A corredoira de Mariñoleiras
O camiño que sae do centro cara á pista de Segade non cumpre as condicións mínimas para poder considerarse un acceso alternativo ó Instituto:
|
O que quere o alcalde
Tras a realización de obras na carballeira e sen ningunha comunicación oficial á dirección do Instituto, o Concello decidiu unilateralmente converter o acceso ó centro nunha vía de sentido único, con entrada pola carballeira e saída pola pista de Mariñoleiras; esta solución considérase provisional mentres non se acondicione a pista de Mariñoleiras, momento no que a prohibición de acceso pola carballeira sería total. Esta decisión tomouse amparándose en dous pretextos: o perigo que supuña para o alumnado que accede ó centro de primaria Alfonso VII a través da carballeira, e a necesidade de protexer a carballeira mediante a prohibición do aparcamento e a restrición do tráfico.
A pista de Mariñoleiras en imaxes
Os comunicados do centro
|
A nosa proposta
O IES Aquis Celenis propuxo, a través da súa dirección e do Consello Escolar, iniciativas que permitisen acadar unha solución consensuada que non fose en detrimento de ninguén. En primeiro lugar o centro entende que pode haber un perigo potencial co tráfico en relación ó alumnado do centro de primaria Alfonso VII; é por iso que propón que o acceso ó Instituto se siga facendo pola carballeira (mentres non haxa unha alternativa digna que permita unhas condicións mínimas de seguridade), pero permitindo o paso só naqueles momentos en que o alumnado do centro Alfonso VII non usa a vía. Por outra banda este centro é sensible á necesidade de protexer a carballeira, tanto do tráfico como doutras agresións que vén sufrindo (Cultura quente, festas e celebracións diversas) pero a solución non pasa por prexudicar de xeito tan ruín ó IES de Caldas. Consideramos que o Concello, antes de impoñer unha medida que marxina gravemente ó único Instituto público, debería garantirlle un acceso digno e non perigoso, co que o problema estaría resolto. Mentres o Concello non crea as condicións mínimas para garantir un acceso alternativo que sexa digno e seguro, propoñemos que o acceso ó centro se siga facendo pola carballeira, coa restrición de non usar ese acceso no horario en que o alumnado do centro Alfonso VII estea entrando ou saíndo do mesmo.
A noticia nos medios
|