Poesía para pasear o mundo

Poesía para pasear o mundo é un Proxecto Interdisciplinar do IES Aquis Celenis no que participa alumnado dende 1º de ESO ata 2º Bach, e profesorado que imparte materias de Lingua galega, inglesa, latina, grega, francesa, portuguesa, castelá, ademáis de xeografía e historia, música, teatro e TIC.
O obxectivo é crear unha páxina web cun banco de poemas nas diferentes linguas con audios do recitado do alumnado (algúns musicados) e información sobre os poemas e autores/as. Poderase así, gozar da escoita de poesía variada e en diferentes linguas viaxando polo mundo, a través de todos os continentes.
Ademais, un banco (físico) estará decorado con referencias ao proxecto e situado na vila de Caldas. A través dunha placa cun código QR poderase acceder a toda a información e aos audios.
Finalmente outros produtos deste proxecto consistirán na elaboración de fanzines poéticos por parte do alumnado (tras a realización de obradoiros de creación poética) e unha actuación, do alumnado de teatro, performativa sobre algún dos poemas musicados.

Invitámosvos a pasear polo mundo sen máis papeis que os dos poemas que acompañan esta gozosa viaxe!

Imaxe: Jose Formigo