O Boletín Deportivo nace no Instituto Fermín
Bouza Brey, no Departamento de Educación Física, por iniciativa de Pepe Castaño
Dios.
Redacción: Como dicía, está formada por alumnos e profesores de Educación Física, sobre todo os primeiros (fundamentalmente son os alumn@s maiores: os de 5: Administrativo e 2: Bachareis os que se encargan da maior parte do traballo), facendo labores de xornalismo, entrevistas, tecleando nos ordenadores, facendo fotografías, deseñando..., pero tendo en conta que se trata de unha publicación aberta a calquera colaboración. Contido: Resultados e clasificacións dos torneos do Instituto, entrevistas con alumnos deportistas do centro, artigos técnicos de deporte e educación física, humor, literatura deportiva, deporte comarcal.... Tirada: Normalmente sae unha tirada de 300 exemplares, que se reparten, en primeiro lugar, ós protagonistas do número en cuestión e ó equipo de redacción, e, a continuación póñense a venda por un prezo simbólico, para que os interesados as poidan adquirir. Hai que resaltar que nos seus inicios repartíase gratuitamente. Trátase dunha experiencia singular,
que xa chegou ós 40 números editados, o que resulta moi
meritorio dadas as características dos centros escolares. |
|