Esta é a vida e a obra do escritor Armando Cotarelo Valledor.

 
Armando Cotarelo Valledor  Nace en Vegadeo (Asturias) o 28 de decembro de 1879, cultivando con éxito a erudición. Así, aínda sendo moi novo, dende 1904 foi catedrático de "Língua e Literatura Española" na Universidade de Santiago.
  En 1929 foi elixido, xunto con Cabanillas, membro honorario da Real Academia Española en representación das Letras Galegas. Tamén hai que destacar que foi o primeiro presidente do "Seminario de Estudios Gallegos".
  Despois de residir 20 anos en Compostela, trasladouse a Madrid, onde, en 1939, foi designado Catedrático da Universidade de Madrid. Faleceu nesta cidade o 8 de decembro de  1950.

 

  A súa contribución ó teatro galego foi moi importante, xa que destacou como autor dramático, mostrando sobre os seus contemporáneos unha gran superioridade técnica.
  Aínda que integrado no teatro realista do seu tempo, a psicoloxía dos seus personaxes mostra certa complexidade, concedendo atención as figuras secundarias. Meditaba concienciudamente o desenvolvemento da acción e intentaba non encher as táboas con personaxes carentes de substantividade persoal.

  Algunhas das súas pezas son de temas labregos ou mariñeiros e outras de tipo histórico. "Trebón" é unha sátira dramática, editada en 1922. Ó ano seguinte apareceu unha comedia bilingüe: "Sinxebra", que se desenvolve nun pazo. En 1924 publicou "Lubicán", conto dramático de lobos e de amor. O drama mariñeiro titulado "Beiramar" apareceu en 1931. Seguiulle "Mourenza", de tipo dramático, feita no mesmo ano. A traxedia histórica "Hostia" sobre o suplicio de Prisciliano deuse a coñecer en 1926. Publicou ademais, algúns cantos populares de Nadal, o "Cancioneiro da agulla" e a novela case bilingüe "El Pazo".

  Parte do seu teatro foi representado por estudiantes da Universidade Galega, así"Trebón" e "Lubicán" estreáronse no Teatro Principal de Santiago.

 

Pluma