Concerto no Auditorio de Galicia

19/01/2012 - 08:20
19/01/2012 - 18:20
Etc/GMT+2

O 19 de xaneiro alumnado de 3º, 4º e Bacharelado asistiron ó Auditorio de Galicia ó concerto da oitava sinfonía de Beethoven. A visita conlevaba a realización de actividades previas e posteriores sobre o compositor.

auditorio

Visita de alumnado do Centro ós Estudios de grabación Baixo Miño

O pasado venres 18 de novembro visitaron Baixo Miño Estudios, rapaces das Asociacións Avelaíña, San Xerome Emiliani e alumnado dos Centros de ensino público CEIP A Sangriña e IES A Sangriña, A Guarda. A actividade estaba enmarcada dentro do Programa Europeo Comenius Regio.

bat2batucada1

Visita de 4º ESO ó Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (Ourense)


O 1 de febreiro,
alumnado de 4º de ESO visitou o Centro de Recursos Zooxenéticos de Fontefiz en
Ourense (CRZG) nunha saída organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. O centro dependente da Consellería de Medio Rural da Xunta de
Galicia ten por obxectivo a conservación e a recuperación das Razas
Gandeiras Autóctonas de Galicia en perigo de extinción.

Curso de XOGO TEATRAL

Un ano máis terá lugar no IES A Sangriña o curso de XOGO TEATRAL, impartido por Fran Rei. Esta actividade
forma parte do proxecto de Contratos Programa en que participa o noso
centro.

O curso desenvolverase o 10, 11 e 12 de febreiro e as persoas participantes recibirán un certificado de recoñecemento das horas de formación.

Podes inscribirte na conserxería do IES A Sangriña ata o 9 de febreiro.

Syndicate content