Noticias

O noso centro e o Concello asinan un convenio para a utilización do pavillón escolar

 

O pasado mes de decembro de 2017 o Director do instituto, Carlos Alonso Rey e o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, asinaron un convenio de colaboración para a utilización do pavillón de deportes en horario extraescolar.

Desta maneira poderán desenvolverse nel eventos que organice directamente o Concello ou os que impulsen as asociacións deportivas locais inscritas no rexistro municipal de asociacións, fóra do horario lectivo. O Concello comprométese a colaborar no mantemento e dotación de equipamento deportivo destas instalacións que estará tamén a disposición do alumnado do centro.

Fonte: Infomiño.

Intercambio co Liceo Francesco Angeloni

19/01/2018 - 08:20
26/01/2018 - 20:00
Etc/GMT+1

Estes días boa parte do noso alumnado de 1° de Bacharelaro está a realizar un intercambio co Liceo Francesco Angeloni (Terni, Italia), no que participan 20 alumnas e alumnos de cada país, e no que levan a cabo un interesante programa de actividades académicas e culturais. 

 

 

Premio no campionato do mundo d3mobile.es Metrology World League

Delia Alfonso Lomba, Marco Patiño López e Santiago Román González, alumnado de 2º de Bacharelato, acaban de ganar dous premios no campionato do mundo d3mobile.es Metrology World League, unha competición internacional de modelado en 3D de precisión co móbil para estudantes de 4º da ESO e Bacharelato. 

É a terceira vez que o noso instituto se proclama campión deste certame. A competición está organizada pola USC a través do grupo de investigación USCAN3D, pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), polo CEM (Centro Español de Metrología) e polo Instituto Geográfico Nacional.

O obxectivo desta competición é fomentar vocacións científicas e técnicas entre o estudantado e espertar a súa capacidade investigadora á vez que aprenden a usar novas técnicas e ferramentas relacionadas coas novas tecnoloxías.

O noso equipo representante obtivo numerosos premios, entre eles unha pulidora de ópticas que doaron ao Departamento de Automoción.

equipo 

doazón 

Sorrisos transformadores (charla e exposición fotográfica)

02/10/2017 - 16:00
Etc/GMT+1

Syndicate content

Iniciar sesión