Divulgación

Reunión informativa para pais, nais, profesorado e alumnado

30/11/2011 - 20:00
30/11/2011 - 21:00
Etc/GMT+2

O vindeiro mércores, día 30 de novembro do 2011, ás 20:00 horas, celebrarase unha reunión informativa no salón de actos, dirixida a toda a comunidade educativa.

Concurso escolar 2009 "Observar la tierra desde el espacio"

O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) e a Fundación Aeroespacio, coa colaboración de diversas entidades convocan un interesante concurso, para alumnos da ESO e de bacharelato. con distintas modalidades.

O tema do concurso é "OBSERVAR A TERRA DENDE O ESPAZO". Os traballos versarán sobre a actividade espacial, en especial sobre aqueles logros científicos que ,desenvolvidos no campo espacial, agora son de utilidade na vida cotidiana e sobre aqueles avances tecnolóxicos que nos permiten ter un mellor coñecemento do planeta gracias a observación dende o espazo

http://www.concursoespacial.com/index.asp

 




 

sangriña.es

Por xentileza do noso compañeiro Ramón Delgado podemos acceder a páxina do instituto tecleando no navegador www.sangriña.es.

Dende fai pouco tempo, como moitos sabedes, o "ñ" foi incorporado como carácter para poder ser usado nas direccións de internet.

Ramón, con moita visión de futuro, enseguida que se poideron reservar direccións de dominios con "ñ", rexistrou sangriña.es.

Agora moi amablemente ofrecenos a posibilidade, cunha sinxela redirección, de estar visibles en internet co nome do noso instituto "con tódalas letras" (nunca mellor dito).

Podes facer a proba, a partir de agora teclea:

www.sangriña.es

Syndicate content

Calendario do Centro

« Maio 2013
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.