Xefatura de estudos
AVALIACIÓN EXTRAORDINARA SETEMBRO 2011
No seguinte adxunto podedes atopar o calendario de avaliación extraordinaria de setembro 2011
PROBAS LIBRES CICLO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA
(Orde do 17 de xuño de 2011 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo – DOG do 28 de xuño de 2011) Como consecuencia da entrada en vigor dos novos títulos de Formación Profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), en substitución dos establecidos pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE), convócanse probas libres de módulos profesionais dos ciclos formativos que se extinguen, co fin de lle permitir finalizar os estudos e lograr a titulación ao alumnado que se vexa afectado pola implantación das novas ensinanzas.
- 1ª CONVOCATORIA: no mes de setembro (2011), antes do comezo das actividades académicas.
- 2ª CONVOCATORIA: no mes de xuño (2012), coincidindo co remate das actividades lectivas.
- Poderán ser obxecto de avaliación todos os módulos profesionais dos ciclos formativos extinguidos, agás o de Formación en Centros de Traballo (FCT).
- Nas secretarías dos centros públicos que ofrecesen as correspondentes ensinanzas no momento da súa extinción e no que o alumno ou alumna estivese matriculado.
- Os impresos recóllense na Secretaría do Centro.
- 1ª CONVOCATORIA: do 11 ao 21 de xullo de 2011.
- 2ª CONVOCATORIA: do 10 ao 21 de maio de 2012.
- No IES A Sangriña, segundo o calendario que estableza o Departamento Administrativo.
- As probas axustaranse ao currículos dos ciclos formativos que se extinguen.
- Outras cuestións relativas a estrutura da proba, cualificacións, validación de módulos profesionais, reclamacións ás cualificacións, módulo de FCT e calquera outro aspecto non contemplado neste resumo informativo, dirixirse á Secretaría do Centro, Dirección ou Departamento Administrativo.
Exames de pendentes de setembro 2011
No seguinte arquivo adxunto tedes o calendario de exames de Setembro do curso 2010- 2011
Matrícula Bacharelato Adultos
XA PODES MATRICULARTE EN BACHARELATO PARA AS PERSOAS ADULTAS NO IES A SANGRIÑA
5 E 6 DE XULLO 1º DE BACHARELATO
7 E 8 DE XULLO 2º DE BACHARELATO
HORARIO: DE 9:00 h A 13:00 h
A PARTIR DO 1 DE SETEMBRO, MATRÍCULA EN ESA, PCPI E CUALE