Axenda 21 Escolar Galega.
Compoñentes de Axenda 21 Escolar Galega. 2009-10
| Nome | Departamento | Cargo |
| Marisa Guerra Cañizo | Lingua Galega | Coordinadora |
| Rubén Pedreira Ramiro | Automoción | |
| Juan J. Hermida Lago | Bioloxía-xeoloxía | |
| Pilar Carro Loureiro | Administrativo | |
| Pepe Carrero Sobrino | Inglés |
Automoción leva o seu proxecto á Xuntanza Ibérica da Mocidade pola Sostibilidade. Xuño de 2013.
O vindeiro mércores 19 de xuño de 2013, os profesores do Departamento de Automoción Rubén Pedreira e Braulio Ávila, xunto co alumnado de 2º de Electromecánica de vehículos, presentarán na XUNTANZA IBÉRICA DE MOZOS E MOZAS POLA SOSTIBILIDADE, que terá lugar en Pontevedra, o proxecto de investigación para a redución de emisións de CO2 ao que lle deron forma coa montaxe dun motor de hidróxeno.
Reforestemos 2013. Programa Voz Natura, estratexia ReC.
O xoves 7 de febreiro de 2013, e por segundo ano consecutivo, realizamos unha reforestación con árbores autóctonas (100 carballos e 23 castiñeiros) na parcela cedida polos nosos colaboradores da Comunidade de Montes en Man Común de San Miguel de Tabagón e Pías (O Rosal) e grazas á participación no Programa Voz Natura “BUSCA ALTERNATIVAS”. A finalidade é levar a cabo unha estratexia ReC, isto é, reducir e compensar a pegada ecolóxica, esas 657 toneladas de CO2 emitidas polo centro o curso pasado, ademais de crear un espazo de lecer.