Contratos Programa
Obradoiro de creación de curtas.
Un grupo de alumnos e alumnas do noso centro asistiu ao longo deste curso a un obradoiro de creación de curtas, impartido por Illa Bufarda. Trátase dunha actividade do proxecto "A arte da comunicación", enmarcada nos contratos-programa.
Este alumnado realizou unha serie de traballos sobre a comunicación, entre os que destaca a seguinte curta, A supercapa, unha reflexión sobre os micromachismos presentes no ambiente en que nos movemos. O traballo ten como obxectivo final a prevención da violencia de xénero.
O alumnado participante no proxecto "Un Mar de Coñecemento" traballa a anatomía e a biotecnoloxía na identificación de peixes
O alumnado participante no proxecto "Un Mar de Coñecemento" dentro dos contratos-programa continúa profundizando no coñecemento do medio mariño.
Os alumnos e alumnas de 1º ESO estudaron as principais características anatómicas de dous peixes, a boga (Boops boops) e a cabala (Somber scombrus).
Por outro lado, o alumnado de 4º ESO desplazouse ó laboratorio de Xenética, dirixido por Paloma Morán, do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía da Universidade de Vigo do Campus do Mar. Os alumnos e alumnas aplicaron a técnica da PCR (Reacción en Cadea da Polimerasa) para diferenciar dúas especies de peixes, o salmón (Salmo salar) e a troita (Onchorhynchus mykiss).
Se queres ver máis detalles visita o Blog de "Contratos-Programa" na nosa páxina web.
